
EN QUE CONSISTE E COMO PARTICIPAR:
O concello de Coirós, dentro das iniciativas dirixidas á xuventude, e despois do éxito acadado o ano anterior, celebrará a II FESTA DA XUVENTUDE o próximo sábado 12 de abril nas inmediacións do complexo deportivo de A Cortella.
Terán dereito a participar de forma gratuíta tódolos empadroados/as no Concello que teñan idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos, ámbolos dous incluídos, e con dereito a outra invitación para un/unha acompañante co mesmo límite de idade. Esta invitación será válida para participar en tódalas actividades e a cea. As persoas que non cumpran este requisito non poderán participar nas actividades, pero si poderán asistir á festa e terán que pagar a cea.
As actividades, que se levarán a cabo dende as 16.00 ás 20.00 horas son: trickers, paintball, carpa con playstation, futbolín humano xigante e unha exhibición moteira do campeón de Freestyle en Portugal, Paulo Martinho. Á partir das 20.00 horas comezará a cea e a actuación do grupo Jockers e a orquesta Olympus.

 
Haberá autobuses de ida e volta, que pasarán polas paradas habituais, tendo que anotarse previamente para distribuír as mesmas.
Podes recoller a túa invitación persoal ata o 8 de abril na Oficina de Información Xuvenil do Concello (centro social,1ª planta) en horario de 9 a 14 de luns a venres, de 19.30 a 21.00 os mércores e de 13.15 a 14.15 os sábados. Esta invitación terás que presentala obrigatoriamente o día da festa.
Para calquera dúbida, podes chamar á Oficina de Información Xuvenil ó 981.796088 ou en oixcoiros@es.inter.net
Nota importante: tódalas persoas deberán levar consigo o DNI
|
 |