O municipio de Coirós atópase situado ó noroeste da provincia de A Coruña; pertence á Comarca de Betanzos e fai de límite entre os concellos interiores e litorais no norte da provincia de A Coruña. Limita ó norte con Betanzos e Paderne, ó Sur con Oza dos Ríos e Aranga, ó este con Aranga e Irixoa e ó Oeste con Oza dos Ríos e está atravesado de forma lonxitudinal pola estrada N-VI de Madrid á Coruña e a autovía A-6, con entrada no municipio.
Conta cunha poboación de 1677 habitantes e a extensión do municipio é de 32,8 km2, nos que se distribúen seis parroquias: San Xulián de Coirós, Santa Mariña de Lesa, Santiago de Ois, Santa María de Ois, San Salvador de Colantres e San Vicente de Armea e 31 entidades de poboación. A distribución territorial interna non se concentra especialmente en ningunha das parroquias, podendo destacar únicamente as de San Xulián de Coirós e Santa María de Ois. Destaca especialmente o feito de que o 92,8% da poboación se agrupa en núcleos dispersos.
Está bañado polos ríos Mandeo e Mendo, e o elemento de relevo mais importante constitúeno as duas cuncas fluviais, cos seus afluentes Rego de Tararou do Mendo e río Vexo, Regato das Pías e Rego das Bouzas do Mandeo. As alturas de Pico da Felga de 506 metros, Fonte do Oso de 448 e Monte da Retorta de 502 metros.
O clima é suave, determinado pola sua morfoloxía, orientación e a influencia do Océano Atlántico. A súa situación entre as coordenadas xeográficas correspóndese cos 43º14´5 de latitude norte e cos 8º 9´ 7 de latitude.
AS PARROQUIAS DO CONCELLO
ARMEA
Nº de habitantes: 57
Nº de casas: 47
Linda coa parroquia de: Collantres
Entidade de poboación: Armea
COIRÓS
Nº de habitantes: 468
Nº de casas: 246
Linda coas parroquias de: Collantres, Lesa e Santiago de Ois
Entidades de poboación: Bullo, Casela, Os Chas, Coirós de Abajo, Coirós de Arriba, Espenuca y Meijonfrío
COLLANTRES
Nº de habitantes: 246
Nº de casas: 166
Linda coas parroquias de: Armea e Coirós
Entidades de poboación: Collantres, Mende e Queirí
LESA
Nº de habitantes: 244
Nº de casas: 138
Linda coas parroquias de: Coirós, Santa María de Ois e Santiago de Ois
Entidades de poboación: Figueiras, Lapela, Lesa, Merille e Souto.
SANTA MARIA DE OIS
Nº de habitantes: 453
Nº de casas: 272
Linda coas parroquias de: Lesa e Santiago de Ois
Entidades de poboación: Anta, Berbecha, Castrillón, Costa, Fontelo, Loureiros, Parada, Penas, Recebés e Xora.
SANTIAGO DE OIS
Nº de habitantes: 202
Nº de casas: 117
Linda coas parroquias de: Coirós, Lesa e Santa María de Ois
Entidades de poboación: Caresma, Casal e Combarro.