DON FRANCISCO QUINTELA REQUEIJO, ALCALDE-PRESIDENTE DESTE CONCELLO, A TÓDOLOS VECIÑOS DO TÉRMINO MUNICIPAL.
INFORMA: SOBOR DO SERVIZO GALEGO DE APOIO Á MOBILIDADE PERSOAL: TRANSPORTE ADAPTADO
Servizo público autonómico de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente para achegar ás persoas con discapacidade e/ou dependentes a programas, centros ou servizos, en condicións de máxima seguranza, cos medios necesarios e coa presenza dun/dunha monitor/a acompañante.
* REQUISITOS:
a. Ter a súa residencia en Galicia no momento de solicitaren o recoñecemento da condición de persoa usuaria do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes.
b. Ter recoñecida a situación de dependencia en calquera dos graos conforme a normativa aplicable e/ou recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65%.
c. Imposibilidade de utilización de transportes colectivos, motivada pola súa situación de dependencia ou discapacidade.
Os interesados poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello (Traballadora Social), de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 h.
O que informa para xeral coñecemento.
En Coirós a 24 de abril de 2009.
O ALCALDE