Fermoso percorrido seguindo o derradeiro tramo do río Vexo ou Fervenzas, afluente do río Mandeo. Augas e rochas mestúranse dando lugar a un paseo rodeado de natureza e tranquilidade.
Os multiples muiños falan dun pasado no que home e río compartían vida, e xuntos pasaban ledicias e penas, festas e traballos.
Coirós é un Concello da Comarca das Mariñas de 32,9 Km2 e 1.600 habitantes.
Delimitado xeográficamente polos ríos Mandeo e Mendo, conta con lugares de excepcional beleza. Dúas destas paraxes destacan excepcionalmente; o lugar de Chelo, declarada Paisaxe Pintoresca e A Espenuca, miradoiro natural do paso do río Mandeo e de toda a zona das Mariñas.
Tamén é salientable o patrimonio cultural formado por varias igrexas románicas, unha delas con elementos góticos, as ruinas do Castelo da Mota, os petroglifos de Fonte do Oso e o Castro de Flores.
S0LlCITÁMO-LA SÚA COLABORACiÓN
Se observa algunha deficiencia ou quere facer calquer suxestión, por favor chame ó Concello de Coirós: 981 796414.