O concello de Coirós, dentro das iniciativas dirixidas ás persoas maiores e ós pensionistas en xeral (con calquer idade), ten programado un ENCONTRO FESTIVO.
Por este motivo, dirixímonos a vostede para invitalo/a a asistir á VI FESTA DOS PENSIONISTAS, que se celebrará o sábado, 15 de maio dende a unha do mediodía, no Polideportivo da Cortella.
Poderá recoller a súa invitación persoal ata o 11 de maio no Centro Social de Coirós (Servizos Sociais). No caso de serlle imposible desprazarse a recollela, deberá chamar por teléfono ó 981796088, para que se lle poida enviar. Esta invitación terá que presentala obrigatoriamente para acceder ó interior do polideportivo.
A participación é totalmente gratuíta, e inclúe:
- Recepción
- Xantar
- Baile
Haberá autobuses de ida e volta, que pasarán polas paradas habituais a partir das 12:30 da mañá e regresarán ás 7 da tarde.