Poderán ser beneficiarias destas axudas todas as mulleres empadroadas no Municipio de Coirós, como mínimo nove meses antes do nacemento ou do auto de adopción do ou da menor.
Serán requisitos necesarios para a concesión da axuda:
- Que o ou a menor estea inscrito ou inscrita no Rexistro Civil do Concello de Coirós. Este requisito podese obviar no caso de nenos ou nenas adoptadas.
- Que o ou a menor estea empadroado ou empadroada no Concello de Coirós.
- Que a nai solicitante estea empadroada no termo municipal de Coirós, con unha antelación mínima de nove meses ao nacemento do ou da menor.
Axudas:
- Polo nacemento do primeiro fillo ou filla a axuda e de 500 €.
- Polo nacemento do segundo fillo ou filla a axuda e de 700 €.
- Polo nacemento do terceiro fillo ou filla a axuda e de 1.300 €.
- Polo nacemento do cuarto fillo ou filla a axuda e de 2.400 €.
- Polo nacemento do quinto fillo ou filla a axuda e de 3.000 €.
A solicitude xunto coa documentación requerida presentarase no Rexistro do Concello de Coirós.
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes natural contando a partir do día do nacemento do ou da menor.