DON FRANCISCO QUINTELA REQUEIJO, ALCALDE DESTE CONCELLO, A TÓDOLOS VECIÑOS DO TERMO MUNICIPAL
INFORMA:Que está aberto o plazo de solicitudes para o PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES que promove oIMSERSO.
Poderán beneficiarse, aqueles que reúnan calquer dos seguintes requisitos:
1.-Maiores de 65 anos
2.-Pensionistas de xubilación do Sistema Público de Pensións
3.-Pensionistas de viudedade con idade igual ou superior a 55 anos
4.-Pensionistas de Invalidez, outras pensións ou prexubilados con 60 anos
O cónxuxe do solicitante non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante a un/ha fillo/a con discapacidade/minusvalía igual ou superior ó 45%.
DESTINOS
Andalucía, Cataluña, Murcia y C. Valenciana
Baleares
Canarias
Circuítos Culturais
Turismo de Natureza
PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 28/XUÑO/2011
Os interesados que deban realizar nova solicitude por non ter recibido o impreso de actualización de datos, ou por ser a primeira vez que solicitan praza neste Programa, deben dirixirse á Traballadora Social do Concello.