A III FESTA DOS PENSIONISTAS celebrarase o sábado 14 de abril dende a unha do mediodía, no Polideportivo da Cortella.
Aquelas persoas que cumpran os requisitos poderán recoller a súa invitación persoal ata o 10 de abril no Centro Social de Coirós (Servizos Sociais). No caso de serlle imposible desprazarse a recollela, deberá chamar por teléfono ó 981796088, para que se lle poida enviar. Esta invitación terá que presentala obrigatoriamente para acceder ó interior do polideportivo.
A participación é totalmente gratuíta, e inclúe:
- recepción (actuación do CORO MUNICIPAL)
- xantar
- baile
Haberá autobuses de ida e volta, que pasarán polas paradas habituais a partir das 12 da mañá e regresarán ás 7 da tarde. ver fotos DO III FESTA DOS PENSIONISTAS