CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA O CURSO 11/12
ESTUDANTES de, EDUCACIÓN INFANTIL
ESTUDANTES de, CICLOS MEDIOS (Bacharelato, F.P., Módulos Profesionais), SUPERIORES E OUTROS que estén empadroados neste Concello.
Poderán solicitar ditas axudas aquelas familias nas que a renda “per cápita” (parella e fillos) anual non supere a cantidade de 6.000,00 €.
Terán preferencia para obter estas axudas, os alumnos que se encontren nalgunha das seguintes situacións:
-Familias numerosas (3 ou + fillos) - A AXUDA SERÁ DO 100% DO COSTE DOS LIBROS.
-Familias nas que a persoa principal esté desempregado.
-Familias nas que a persona principal sexa pensionista.
-Orfos absolutos.
-Fillos de pai ou nai solteiros, de divorciado/a ou separado/a legalmente ou de feito, para os que a única fonte de ingresos sexan os alimentos o pensións alimenticias, nos seus respectivos casos.
-Teranse en conta tamén, os ingresos económicos das familias.
ESTUDANTES UNIVERSITARIOS, empadroados neste Concello, poderán solicitar só axudas para transporte, sin ter en conta os ingresos familiares.
PRAZO DE SOLICITUDE:
* Lugar: Centro Social Coirós. SERVIZOS SOCIAIS
* Datas: Do 03 ó 31 de OUTUBRO DE 2011 ambos incluidos
* Horario: De 9:00 a 14:00 (luns a venres).
O modelo de solicitude e a relación de documentos que deben presentar coa mesma, facilitarase no Centro Social de Coirós.