Como Alcalde-Presidente do Concello de Coiros, quero darlle a benvida a todos aqueles que queiran coñecer o noso municipio a través de esta páxina web.
Un papel esencial a desenvolver polas administracións e facilitar o aceso dos cidadáns as novas tecnologías da información, non so para mellorar súa calidade de vida, senon para outras moitas cuestións.
Queremos que esta Web oficial sirva como instrumento para prestar servicios, para compartir información e para que se acheguen a nos quen ainda non coñeza o noso pobo e as nosas xentes.
En definitiva, tratase dunha forma moderna, rápida e actualizada de "conectar" Coiros co resto do mundo e ensinar as esixencias dun municipio, en constante desenvolvemento e proxectándose decisivamente deica o futuro.
Estamos seguros de que a beleza natural que lles ofrece fascinaralles.
Os seus costumes, e festas mostraranvos a hospitalidade do Concello de Coiros, mentras que a sua gastronomía e servicios serán un magnifico complemento para conseguir que a estancia en Coiros vos resulte moi agradable.
Suxerimos vos, pois, que naveguedes con nos.
***************
Alcalde-Presidente del Ayuntamiento de Coirós